Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/11

Os mil brancos dos esquimós


Os mil brancos dos esquimós é de Isabel Minhós Martins con ilustracións de Madalena Matoso e está publicado por OQO. E vai precisamente diso: da cantidade diferente que os esquimós son capaces de discernir porque a súa vida se desenvolve nesa cor que pode ser tan diferente para eles e que a nós seméllanos sempre igual. A técnica da collage que emprega a ilustradora fai que este libro se convirta nunha pequena xoia para achegarse a un modo de vida tan diferente ao noso.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.