Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/12/11

Me gusta el chocolate



Encántame o chocolate! Así que non me podo resistir ante un título así, Me gusta el chocolate, que vén asinado por Davide Calì e as ilustracións de Evelyn Daviddi, publicado pola Faktoría K. Non sei se un día chegarei a saber por que se publica este libro en castelán e en portugués e non en galego, pero así é.
Vaia, que se vos gusta o chocolate encantaravos o libro: as ilustracións son moi graciosas, cheas de cor e mesmo de dozura, coma o alimento do que estamos a falar. E o texto tamén está impregnado destas calidades: humor e dozura, tanta, que che darán ganas de ir comer chocolate tan pronto como remates de lelo. Palabra de lectora comedora de chocolate.



Me gusta la barrita de chocolate porque hace croc entre los dientes. Me gustan los bombones porque hay muchísimos y son diferentes. Me gustan los bombones porque para saber qué hay dentro hay que probarlos ¡todos!…

2 comentarios:

Faktoría K dixo...

Faktoría K non publicou este álbum en galego, porque en galego xa está editado por outro selo (Linteo).
Moitas grazas pola reseña. Saúdos chocolateiros.

Ronsel dixo...

Sóubeno por Ballesteros cando veu a Forcarei. Síntoo, non tiña nin idea. E non o coñecía en Linteo. Estará esgotado?

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.