A tartaruga que quería durmir, publicado por OQO, é de Roberto Aliaga con ilustracións de Alessandra Cimatoribus. Divertido conto construído coas clásicas repeticións enumerativas dos contos para os máis pequenos e cunha linguaxe sinxela para perder o medo ao instante en que se debe marchar para a cama. As ilustracións son moi tenras e axudan a formar un todo moi convincente e humorístico.
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...
2 comentarios:
Pois vouno ter que procurar, xa que a historia ten moita semellanza co primeiro conto infantil que escribín:
http://www.filix.org/prel/carlota.html
Apertas,
Miro
Só que a esta non a deixan durmir! Grazas por vires até aquí, Miro. Apertas
Publicar un comentario