Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/01/12

Cuento de muerte

Xa indiquei o outro día que estaba lendo novelas que me quedaron no fondo dos andeis sen ler. Comecei con Craig Russell, e seguín con el, fascinada co seu detective Jan Fabel. Se me gustou Muerte en Hamburgo, Cuento de muerte aínda me gustou moito máis. Quizais porque xa me sentía "en familia", quizais porque me fascinou que utilizase os contos dos irmáns Grimm para elaborar unha novela negra, ben negra, baseándose neles; agora teño que buscar os orixinais e lelos.
Craig Russell escribe en Cuento de muerte, publicado por Roca, unha novela ben fiada, cunha trama que engancha dende o primeiro momento, directa, e para min mellor cá primeira, mellor organizada e máis enigmática. Se isto vai in crecendo, significa que as dúas que me faltan serán mellores! Segue a gozar o autor cos asasinos en serie e co sangue, facendo que sexan as súas unhas tramas truculentas, pero están ben. Sen chegar a ser unha marabilla, creo que é máis que recomendable.

2 comentarios:

Ernesto dixo...

Entón haberá que lelo.

Ronsel dixo...

Ernesto! Canto te teño botado de menos!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.