Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/01/12

El verano sin hombres

Resultou ser unha interesante reflexión sobre o ser da muller esta novela de Siri Hustvedt publicada por Anagrama: El verano sin hombres está calificada como unha "comedia feminista" pola propia autora. A autora crea un universo de personaxes femininos, tal como demostra o título: estes serán unha referencia pero non terán vida propia. E neste universo, todos os planetas están representados: a vellice, a adolescencia, a nenez... e nestes estados hai subversión, inseguridade, xogos... O sol ao redor do cal xiran todas elas será a protagonista, a muller moderna que despois dunha transitoria loucura saberá poñer distancia aos sufrimentos e teorizará ironicamente sobre as diferenzas entre home e muller. Ironía e humor sutil que a autora mesmo conxuga con algúns debuxos "iluminativos" e poemas que se pechará nunha novela liberadora e doce que vos encantará, mestura de erotismo, vitalidade e feminidade. Sen ser, creo eu, a mellor novela da autora nin unha apaixonante lectura, creo que o resultado é digno da nosa lectura. Ademais, ten frases que son unha invitación clara á nosa propia reflexión:

“Yo misma me preguntaba por qué lo amaba. Si Boris me hubiese dejado a los dos años de convivencia o incluso a los diez, el daño hubiese sido bastante menor. Treinta años es mucho tiempo, y un matrimonio se anquilosa de tal forma que adquiere un carácter casi incestuoso y un complejo ritmo de sentimientos, de diálogos y de asociaciones.”

A foto da portada é preciosa, a que si?

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.