Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/01/12

O xogo dos libros

Vino por primeira vez no prezado blogue Caderno da crítica. E logo xa estaba en todas partes da rede. Se alguén non maxinaba o que ocorre nas librarías pola noite xa pode estar seguro: os libros divírtense! O vídeo, unha marabilla en stop motion sobre a vida secreta dos libros que viven en Type Books en Toronto, chámase The Joy of Books e o autor é Crazedadman, autor destoutro vídeo.
Ademais, mándamo unha querídisima ex-alumna que precisamente goza dos libros e cos libros en Toronto. Bicos, Cris!


6 comentarios:

Anónimo dixo...

Un pracer, sempre.

Adelcisa, que non se esquece de vos.

Ronsel dixo...

Imposible esquecer a Adelcisa e o seu sorriso. Un bico dende o outro lado do océano, prezada nena.

anxoboiro dixo...

Gustáronme moito esos 2 videos de libros de Crazedadman.
Saúdos
Anxo

Ronsel dixo...

Coincido contigo, Anxo. Graciñas

Montse dixo...

Que bonic! Cap a Lleida amb estimació.
Moltes gràcies Ronsel
Petons

Ronsel dixo...

Gústame esa viaxe, prezada Montse.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.