Cupido está no paro
Tampouco é tan estraño: a crise fai aumentar o número de desempregado cada día en España. E na provincia de Pontevedra nin che conto!
E logo soubemos que
COMO CUPIDO ESTÁ NO PARO
E A CRISE AUMENTA CADA DÍA
AS PALABRAS SOBEN DE PREZO.
QUÉRELAS DE GRATIS?
CÓLLEAS AQUÍ.
E A CRISE AUMENTA CADA DÍA
AS PALABRAS SOBEN DE PREZO.
QUÉRELAS DE GRATIS?
CÓLLEAS AQUÍ.
Ese AQUÍ viña sinalando miles de poemas repartidos por todo o centro.
E libros.
E corazóns.
E globos.
E unha árbore do amor.
E un cesto con gominolas con forma de corazón.
E sobres para encher de poemas e cartas.
E concursos.
No teito do corredor que leva á biblioteca, un lema reza: "No amor non hai descontos"... e é que hai que reciclar e aproveitar todo o que nos vén dado!!!
Aproveitamos novamente a selección poética que Mario nos proporcionara anteriormente, engadindo moitos outros poemas:
Podedes ir tamén ata as Zocas Faladoras e ler a súa selección de textos narrativos. Grazas tamén a este centro soubemos que no blogue Libros y Literatura realizaron unha selección de literatura amorosa xuvenil.
Esta actividade fixémola hai un par de anos no instituto d'O Carballiño, grazas á idea de Carme Loriga. Repetimos o noso agradecemento.
Esta actividade fixémola hai un par de anos no instituto d'O Carballiño, grazas á idea de Carme Loriga. Repetimos o noso agradecemento.
8 comentarios:
Estupendo, o instituto decorárono moi ben para este día, e máis penso que nunca estivo tan bonito... Viva o amor e o día dos namorados...
A exposición quedou moi ben e o traballo que leva Gracia é fenomenal. Ás veces había que pensar facer ou non as cousas porque a xente non lle axuda a nada
gústame este día porque a parte de pasalo ben perdese clase
quedou todo moi ben, nótase que o curraron moito e deixaron todo moi decorado
estivo moi ben esta actividade porque axudamos a facela
Este ano o san valentín estivo moi ben,Gracia currou moito para facer este día especial, e os pasillos do instituto quedaron moi alegres e fermosisimos. Feliz dia dos namorados!
Esta exposición foi xenial, quedou moi ben a decoración, si que se curraron todo o traballo.
pois todo moi bonito e moi decorado
Publicar un comentario