Etgar Keret é o autor deste orixinal recopilatorio de relatos
Un hombre sin cabeza publicado por
Siruela. Como todo libro destas características, uns contos gustan máis ca outros. Pero en todo o libro destaca unha certa orixinalidade nos temas de sempre, aqueles que afectan directamente ao Home, indo dende o surrealismo máis puro ata a realidade máis cotián. Ao mesmo tempo, o autor critica a súa propia cultura e a sociedade na que nos movemos, ás veces cun corrosivo humor negro e outra veces con comentarios directos, pasando polo absurdo máis discreto. E todo isto nun Israel actual que se fragmenta nos 34 relatos do libro coas súas propias contradicións. Son estas as que subliñan o carácter dos personaxes, principalmente masculinos, normais ou non en situacións que se afastan, dende logo, da normalidade máis absoluta, ou da que nós entendemos como tal.
Sen comentarios
Publicar un comentario