Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/02/12

Celebrando o Amor



Si. O Amor asulagou Forcarei. Dende o vestíbulo do centro ata o salón de actos, dende os corredores da ESO ata Bacharelato, hoxe mandou e mudou o edificio a Poesía. Porque Poesía e Amor déronse a man para voar, para suspirar, para soñar. A Poesía como inicio e como destino do camiño dos sentimentos.
Todo o centro se reuniu para celebrar o Amor. 25 alumnos e profesores tomaron a palabra como representación de todos os demais para facer un percorrido da historia do amor, en grego clásico, en latín, en inglés, en francés, en castelán, catalán, portugués e galego. As linguas son irmás porque todas falan de sentimentos. Sentimentos cara á parella, cara á humanidade, cara ao fillo, cara ao outro, cara á Liberdade. Todo o Amor, todo é Amor. A lectura comezou con Safo e rematou con Celso Emilio Ferreiro, no ano do seu centenario.



E de agasallo (sempre hai agasallo) unha sorpresa: a impresionante voz do profesor Anxo Fernández deixou estupefactos a todos os ouvintes. Ninguén sabía das súas cualidades. Tres profes acompañaron na canción "Frente a frente" e o alumnado explotou "Tu sí que vales". Logo viñeron dúas cancións máis...







A Química do Amor, artigo.

Amor noutras bibliotecas:

Raioteca.

De amor e desamor nas Zocas.

Eros políglota no IES San Paio.

Traballando cos sentimentos no CPI de Panxón.

Bibliocabe.

Bibliochivite.

A beira das palabras
.

IES Poeta Díaz Castro

IES Rafael Dieste: lectura de poemas.

A Esperela: I, II, III, IV.

O Segrel

Castro Alobre.

Caza do tesouro.

No blogue da biblioteca do CEIP de Rubiáns topamos este poema:

El amor no se calcula
Como si fuera simple álgebra
Como si fuera un
solitario exponente
En una calculación tan complicada,
Como la pasión.

El amor se debe de tratar
Como una multiplicación de variables
De momentos,
De miradas,
De palabras sumadas
En un mundo que a veces
Resta.

El amor no se debe dominar
Por la división de sus
componentes.
El amor se tiene que alimentar
De la suma de los abrazos,
De las sonrisas,
De esos besos
Que en fracciones de segundos
Se penetran a lo mas profundo.

El amor no debe de ser sobre estimado como matemática
Ese es la simple solución del amor,
Dejarlo nacer,
Dejarlo crecer....
Al fin,
El destino lleva mas de una,
Respuesta.

El Poeta J.O.D.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Menudos cantantes hai nese centro, e os músicos ata parece que tocan de verdade e todo.

Ronsel dixo...

É que tocan de verdade!!!

Noemí dixo...

Esta actividade estivo ben.

yoli dixo...

esta actividade estivo moi ben, pasámolo moi ben e descubrimos que algúns profes tocan moi ben e cantan...

Lino dixo...

Esta actividade gustoume e o que máis me gustou foi o final cando os profes cantaron

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.