Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/03/12

Ven

Volve sorprendernos Janne Teller coa súa nova novela Ven publicada por Seix Barral. Nesta novela mergullámonos nunha reflexión moral sobre os límites entre ficción e realidade. Máis unha vez, estamos ante a orixe dos conflitos, desta volta ante a decisión editorial de publicar ou non: son os cartos e o éxito editorial máis importante que danar a amizade ou a lealdade? Este debate interno que ocupa toda a novela -curta, como Nada- trasládase inmediatamente ao lector, e ese é o seu mérito. As dúbidas plantexadas serán tamén as do lector, movendo na nosa conciencia diferentes opcións que non nos satisficirán en ningún caso. Aquí tamén está a forma de resolver o conflito da autora: o final será resolvido polo lector, posto que ela expón as opcións, os pros e os contras: Pode a ficción causar máis mal que a realidade? É arte calquera tipo de manifestación baseada na realidade? Onde están os límites éticos do narrador? E do editor? Calquera manifestación artística axuda a facer o mundo un pouco máis amable?
Non pensedes que ides rematar a novela resolvendo estas dúbidas. Máis ben, todas elas e moitas máis acompañaranvos durante un tempo. O caso é: sabemos respondelas?

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.