Como cumio e remate do mes do cómic visitounos no centro Kiko da Silva. Moito aprendemos con el! Amosounos os seus propios traballos, recomendounos cómics imprescindibles, debuxounos e ensinounos a facelo... e a min sobre todo aclaroume a diferenza entre cómic e novela gráfica: non existe! Só se dá este debate no estado español, posto que en Francia non distinguen e é todo "bande dessinée". Pois iso.
A verdade é que eu particularmente tiña moitísimas ganas de coñecer a este mestre do cómic, un dos maiores e mellores representantes da banda deseñada galega que agora inaugura unha Escola de cómic en Pontevedra. Xa me gustaría a min debuxar ben!
Tamén se interesou pola exposición da Música no cómic que nos prestaron dende un instituto de Cáceres, ofrecendo a posibilidade de traducila e colgala en pdf na súa páxina para que todo o mundo poida gozala. Ogallá!

2 comentarios:
Explicounos unhas técnicas de debuxo moi boas. Gustoume aínda que eu non lin ningun libro del.
Esta actividade non me gustou. Pareceume aburrida.
Publicar un comentario