Outro cómic publicado por Norma é este curioso Parecer es mentir de Dominique Goblet. Unha obra autobiográfica dividida en dúas vidas, a pasada e a presente. As lembranzas do pasado céntranse na difícil relación cos pais, con malos tratos maternos e a ausencia dun pai bébedo normalmente. O presente está marcado pola difícil situación sentimental que vive. Chama a atención o debuxo, onde moitas figuras se representan con imaxes deformadas para expresar o desasosego. Un debuxo que se acoplar aos estados de ánimo, á vacilación que produce a vida para tentar non repetir os erros do pasado, ao medo e á dor. O apaixoante do cómic é o nu que se descobre ante a intimidade da autora: os seus sentimentos están a flor de pel e así os reflicte cada trazo que nos proporciona o libro.
Lemos no prólogo que a autora estivo doce anos a escribir esta historia: comprensible, non é doado soltar todo canto levamos dentro para expoñelo a cada descoñecido que queira ler a obra.
Creo que vos vai interesar.
Lemos no prólogo que a autora estivo doce anos a escribir esta historia: comprensible, non é doado soltar todo canto levamos dentro para expoñelo a cada descoñecido que queira ler a obra.
Creo que vos vai interesar.





Sen comentarios
Publicar un comentario