Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en
lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai
reflexionar aos que subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte
anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler.
Son doce puntos moi breves
pero que, de
telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da
experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas.
Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa
lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais,
editores, profesionais da educación...
Aínda que sempre oímos aquilo de “niso
todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura
hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita
xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan
así. Sabemos que hai unha corrente forte e
consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores
vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de
ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non,
non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou
escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de
108 profesionais relacionados coa lectura.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario