Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/12

El hilo de la vida



Publicado por Ediciones B, El hilo de la vida é de Davide Cali e Serge Bloch. Poético álbum que fala do paso do tempo, a vellice, a soidade, a morte... Porque así é a vida e non hai xeito de cambiala: ten momentos doces e outros ben amargos, anoados por un fío condutor que se nos representa aquí de cor vermella guiándonos por unha viaxe que ten inicio e fin.

8 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro cóntanos o transcurso da vida dende que un nace ata que morre, a través dunha metáfora que é o fio vermello. Estivo ben.

ivan dixo...

este libro gustoume, contaba toda a vida e todo o que lle pasaba co tempo

carmen dixo...

Este libro é bonito porque conta con unha metafora a vida dunha persoa

yoli dixo...

este libro usaba como metáfora un fío que simboliza a vida

Cris dixo...

Este libro gustoume, porque mostra como a vida vai pasando e só se pode disfrutar de cada momento unha soa vez, porque o tempo non vai volver atrás.

rafa dixo...

este libro estivo ben porque o fio era o curso da vida

brais dixo...

este libro estivo moi ben, é moi chula a forma de contalo

martin dixo...

este libro é moi entretido e conta unha historia dunha forma diferente

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.