Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/12

A vaca condesa


Divertido álbum que nos ofrece OQO con texto de Juan Alfonso Belmontes e ilustracións de Evelyn Daviddi: A vaca condesa fala da solidariedade entre os animais, da necesidade de respecto entre uns e outros e fala da soidade e da necesidade de cariño e mesmo admiración que podemos sentir. Sen este non somos ninguén. 
As ilustracións son simpáticas, con rasgos moi "humanizadores": zapatos, media, peiteado... todo está en función dun texto que nos recorda que a melancolía e a tristura poden apoderarse de calquera de nós cando deixamos de sentir afecto.

8 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro foi entretido, estivo bastante ben.

Cris dixo...

Este libro non estivo mal, foi entretido ver como unha vaca se preocupaba por verse guapa.

carmen dixo...

Este libro estivo ben, que vaca tan presumida, se son así todas as vacas... mima!

ivan dixo...

este libro estivo ben, foi moi entretido e divertido

yoli dixo...

Este libro estivo ben, a vaca só quería un pouco de cariño.

rafa dixo...

o libro este gustoume porque a vaca era graciosa

martin dixo...

este libro gustoume, é divertido

brais dixo...

este libro estivo ben, menos mal que na realidade non son así

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.