Aínda que é un selo editorial relativamente recente, creo que xa sabemos que cando El Jinete Azul publica un álbum, este vai ser de calidade. Así ocorre novamente con este marabilloso Eloísa y los bichos de Jairo Buitrago e Rafael Yockteng. Un sensible e emotivo álbum para reflexionar sobre a difícil adaptación das persoas a un novo lugar, sexa este unha vila, unha cidade ou un país. Sentirse un becho entre os demais, cando non se coñece a ninguén e só se desexa volver ao lugar de orixe. Vivir na lembranza porque custa adaptarse ao novo medio.
Pero será nesta adaptación onde resida a certeza de seguir vivindo. Será así como pouco a pouco deixaremos de ser eses bechos que afastan para ser un máis, porque cómpre estar aberto a todo o novo e non pecharse no xa coñecido. Porque as novidades tamén poden traer boas e formidables historias que paga a pena vivir.
E se o texto é enriquecedor, mirade as fantásticas ilustracións: acompañaranvos sempre!
7 comentarios:
este libro era raro porque ela representaba aos bichos como discriminadores
Este libro reflexa o que todas as persoas vivimos ou viviremos varias veces na nosa vida
este libro non me gustou, pero por desgraza iso pasa moito na sociedade
Este libro ensínanos o difícil que é para as persoas adaptarse a un lugar e sentirse coma un becho nun lugar onde non coñeces nada nin a ninguén.
Este libro non me gustou
Tiña unhas ilustraccións bonitas pero o libro non me chamou moito a atención aínda que trataba un tema moi interesante coma a inmigración.
este libro non me gustou
Publicar un comentario