Se dalgún proxecto me sinto especialmente orgullosa é deste. Así que permitídeme que fachendee un pouquiño e volo explique con demora:
Cando confirmamos a visita de Carlos Negro e comezamos a preparala, propúxenlle ao alumnado de 3º de Diversificación facer un "programa de televisión". A verdade é que se apuntan a un bombardeo e non tardaron en dicir que "si" sen saber sequera en que consistiría o seu labor. Logo veu o traballo: eu quería que realizasen unha entrevista ao autor coma se estivesen nun plató... vaia, como en Buenafuente! Ademais, coma se dun telexornal se tratase, esixiría un presentador que estivese "fóra" para dar paso á entrevista.
Logo, a preparación: o nome saíulles deseguida, así coma o logo: ambas cousas foron exclusivamente delas. A extraordinaria montaxe, como non, veu da man do meu prezado Anxo -a quen xa comezo a botar de menos sabendo que a vida volve a afastarnos-, que ata o pasou ben con estas nenas que deron moito de si (non vos ensinamos as "tomas falsas", pero eu creo que pagaba a pena!)
Tamén resultou extraordinaria a resposta de Carlos. Sen a súa paciencia e a súa colaboración nada disto sería posible. Dámoslle as máis efusivas grazas (como se nota a profesión!!!).
Sei que é un deses proxectos que terán continuidade en anos vindeiros sen estar eu. E que ben senta!
A ver se vos gusta tanto como a min:
6 comentarios:
Parabéns pola iniciativa. Moita morriña véndovos. Un saúdo para esas rapazas que prometen grandes fazañas no mundo do audiovisual e por suposto para os inventores e creadores de Tele Diver.
A morriña é normal, tendo este plantel!!! Moitas grazas polas túas palabras. Un bicazo
Pero por dios, que riquiñas estamos todas! Faltábades vos nos créditos que sen vos sería unha auténtica chapuza :)
El proyecto me gusta tanto como a ti. ;-)
Felicidades.
Gracias Montse! A que son maravillosas estas niñas???
Publicar un comentario