Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/06/12

Artur e Clementina


Celebramos a reedición deste álbum porque hai libros que nunca deben desaparecer dos andeis das librarías e que perduran ano tras ano porque seguen sendo necesarios. Necesario é por tanto falar de igualdade, de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka. Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa que a guerra non rematou nin está vencida.



21 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro gustoume, estivo ben. Porque a Clementina acaba fugandose e vivindo a súa vida tranquila viaxando polo mundo.

yoli dixo...

este libro falános do machismo dos homes...

Carme dixo...

A min gustoume como reflexión propia e necesaria na que ás veces non caemos por conta propia.

sandra estévez dixo...

este libro demostranos que a unha muller non só ai que namorala unha vez senon todolos días e que as cousas cando non se coidan, vanse.

Ana Brandariz dixo...

O libro fala do machismo,e gustoume porque Clementina márchase da casa a vivir a súa vida e pasa de Artur.

Adrián Villar García dixo...

Neste libro mostrase que o machismo e unha mala opcion xa que as mulleres non estan para ser escravas senon para querelas.

Tamara Pereiras Villamayor dixo...

Este álbum foi un dos que máis me gustou, xa que normalmente, as historias de machismo teñen un final tráxico, e neste caso, Clementina cánsase de aguantar as humillacións de Ártur, e marcha en busca dun fututo mellor, sen insultos nin infravaloracións.

Unknown dixo...

Namorar ou someterse ao namorado? Aí fora, o mundo está cheo de oportunidades, de praceres, de sensacións insólitas... Nada nin ninguén pode privarnos á posibilidade de facernos partícipes da vida. Non dependemos de ninguén para percorrer o noso camiño, somentes precisamos a alguén que nos acompañe nel , de forma desinteresada e voluntaria; dende o cariño, non dende a supremacía.

Fátima Bouzada dixo...

Este libro en cambio e distino aos demáis que escoitei, xa que nos fala do machismo do mal que o pasaba Clementina ao longo do libro, pero ao final vese que se soubo valorar a si mesma e rematou moi ben o conto.

Manuel de la Torre dixo...

Moi bo libro xa que trata sobre o machismo e da forma na que Clementina a Artur para poder vivir sendo normal e non unha escrava.

Lucía Silva dixo...

Este libro gustoume,xa que aínda que trata o tema do machismo Clementina acaba farta dos insultos e deixa Artur para vivir unha vida tranquila.

Unknown dixo...

Clementina, unha muller chea de traballos na casa e ordes a seguir, decinde vivir a súa vida tan merecida deixando que Artur se de conta do mandón que estaba a ser, e que as cousas deverían cambiar.

María Rey dixo...

Cántas veces teremos visto eso de someternos a miles de aberracións por crernos enamorados? Considero que o amor non é dalo todo a cambio de nada; non é intentar facer feliz a unha persoa por encima de todo, cando esa misma persona non ten en conta o que podes sentir.
Temos que aprender a diferenciar un pouco o que é o amor de comportanmentos anómalomos como este. Suponse que o amor é algo fermoso e non unha tortura a longo prazo.

Lara Fondevila Calvo dixo...

Este libro contanos como a muller leva esclavizada dende fai tempo e na actualidade sigue pasando. deberían tratar a todos por igual xa que todos somos persoas e non hai distincións entre nós.

Rebeca Belay Maril dixo...

Este libro trata da desigualdade entre o home e a muller.

Ana Castro Varela dixo...

Todo conto ou álbum pretende amosarnos algo. Este en concreto dinos que non debemos de aguantar o maltrato, senón que debemos plantarlle cara e decidir o mellor para nós mesmas.

Eva Fares dixo...

Neste libro trátase o tema, desgraciadamente tan frecuente, da violencia de xénero, máis común no caso no que é a muller quen se subordina ao home. Nesta historia Clementina, ao principio subordinase a Artur e de verdade pensa que todo o que lle di el é certo, sen pensar nos seus ideais. Pero ao final, Clementina dase conta do que realmente pasa e deixa a Artur.
Paréceme unha historia que podemos aplicar facilmente á nosa sociedade, xa que quen máis e quen menos coñece un caso semellante.

Nuria Iglesias dixo...

Namorarse ten que ser someterse a ordes do namorado? Pois nn, decatámonos polo maltrato que sofre Clementina, onde vemos que moitas veces namorar implica cegarse e por iso, someterse ás ordes do teu amor.

Esperanza 1bc dixo...

O principio todo moi bonito, el é moi amabel e ela non se da conta que o que sempre quixo foi sometela, dominala, literalmente como unha serva que o esperase ao chegar do traballo. Canta alegría cando a profesora nos leu que a cuncha estaba vacía! Oxalá moitas mulleres fixeran coma Clementina e dixeran basta!

Anónimo dixo...

Gustoume moito este libro xa que fala do machismo Arthur non lle permitia sair a clementina da casa nin facer moitas cousas que ela desexaría facer . As veces namoramosnos e sometemosnos as ordes do namorado pero esto non debía ser así.

Anxela Llinares dixo...

Relata a violencia de xénero, as cargas que teñen que soportar as mulleres en moitos casos nas súas familias. Polo que acaban desfeitas tanto sicoloxica como fisicamente. Neste conto refléxase cunha tartaruga á que seu home (tartaruga macho) lle fai levar moitos obxectos pero ela consegue escapar das garras del liberarse dos cargos que lle supoñía.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.