Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/06/12

Paula Carballeira en Forcarei

Pretendía facerlle un agasallo especial de despedida ao meu alumnado de Forcarei e a editorial Kalandraka ofreceumo en bandexa de prata: ter a mellor contacontos do país só para eles é un luxo que agardo saiban apreciar na súa xusta medida. Porque así foi: Paula Carballeira asustounos cos seus contos de medo e abraianos coa súa profesionalidade. Profesorado e alumnado aplaudiron e agradeceron a súa visita. 
Dende humilde recuncho que é a miña casa virtual, quero dar as grazas a Ricardo pola oportunidade e pola xenerosidade. Son unha afortunada por traballar con comerciais coma el. 






44 comentarios:

anxoboiro dixo...

Considero que as persoas que levades ao voso centro -por mencionar so as últimas "visitas" Paula Carballeira, Marcos Pin e Xosé Miguélez- é un luxo, encantaríame disfrutar delas, estou mirando a posibilidade de matricularme nel ;-)
Saúdos

fraguasa dixo...

Todo un luxo. O fin de semana pasado disfrutamos moito con ela e con moitos contadores de historias en Pontevedra nos "Sete falares"

Ronsel dixo...

Mira que se te matriculas en Forcarei... eu vou estar en Silleda. Así que non sei como che será o conto! Pero grazas polas túas palabras.

anxoboiro dixo...

Paréceme importantísimo que nos centros educativos se posibilite aos rapaces vivir esas experiencias de contacontos, concertos, charlas,... pois é case o único xeito que teñen para vivilas, senón é a traves dos centros educativos a gran maioría dos rapaces (arredor do 99%) quedarían sen poder asisitir a elas.

Ronsel: pois logo antes de formalizar a matricula preguntarei a ver quen me ofrece cousas máis interesantes, se Forcarei ou Silleda ;-)

Saúdos

Ronsel dixo...

Grazas Anxo polas túas palabras, unha reflexión sempre necesaria. Eu creo iso mesmo, por iso traballo nesa liña. Pero sempre contamos coa oposición doutros profes que cren noutro tipo de educación. Quen terá a razón?

galegoenlondres dixo...

Canto me alegro...prezóme da amizade con Paula e non foramos quen de buscar data. E ti coma sempre, todo o consegues. parabéns

Ronsel dixo...

Xa me dixo:"pero non está neste centro Xaime?. Vaime matar! Nunca lle puiden vir!". Entón expliqueille que eu estaba no teu lugar e por tanto non terías ocasión de asasinala!!!

Almu dixo...

Pareceume xenial que Gracia nos trouxera unha contacontos en galego.
Contounos catro contos de medo que facian gracia.

David dixo...

Esta contacontos é moi boa,ten uns contos moi bonitos e víveos moito.Gustoume bastante.

Daniel dixo...

Gustoume moitísimo porque foi ademais de divertido, interesante a pesar de que eran contos de medo.

Lino dixo...

Esta charla foi a que máis me gustou das que vimos ata agora.
É a mellor contacontos que vin ata agora

Anónimo dixo...

Esta actividade gustoume moito porque Paula conta moi ben os contos e faiche sentir o mesmo que o protagonista.

javier dixo...

Gustoume moito porque foron historias moi entretidas e animadas e fixéronme graza.Non me importaría que volvese con máis das súas super historias; ten que cuidar a sua garganta que grita moito.

tania dixo...

Esta visita foi moi boa.
Gustoume a súa maneira de contar os contos, debe de ter unha memoria excelente e a súa forma de contalos, xa que o humor que ten é sensacional.

tania dixo...

Esta visita foi moi boa.
Gustoume a súa maneira de contar os contos, debe de ter unha memoria excelente e a súa forma de contalos, xa que o humor que ten é sensacional.

jonathan dixo...

Éncantoume moito a contacontos, xa que é un luxo tela conosco.Estivo interesantisima a actuación.

tamara dixo...

Encantoume esta escritora! Os contos non deron moito medo pero divertinme moito e saltei varias veces do susto cos seus berros!Paseino xenial.Gustaríame que volvera contarnos outros cantos contos dos dela.

Valen dixo...

Esta actividade gustoume moito, os contos que contou eran bos, uns máis ca outros porque alguns deles non me fixeron moita graza

Xacobe dixo...

Gustoume moito porque me fixo rir e facía interesante os contos sobre todo o do final

ANDREA dixo...

Esta escritora gustoume moito.Contounos uns contos que según ela eran de medo pero a mi fíxome rir.

Cristina dixo...

Gustume moitísimo.É moi boa contando contos.Divertinme moito e paseino moi ben.

Noelia dixo...

Gustoume moito porque é moi simpática e conta os contos xenial.

Noelia dixo...

Gustoume moito porque é moi simpática e conta os contos xenial.

Noelia dixo...

Gustoume moito porque é moi simpática e conta os contos xenial.

Noelia dixo...

Gustoume moito porque é moi simpática e conta os contos xenial.

Noelia dixo...

Gustoume moito porque é moi simpática e conta os contos xenial.

Ernesto dixo...

Esta charla foi a que máis me gustou das que vimos ata agora.Paula é sen dúvida a mellor contacontos en galego.

Ana dixo...

Foi estupenda as 1 horas que pasamos con Paula Carballeira, xa lera un libro dela precioso "O Principio", pero como contacontos é espectacular, as expresións físicas, faciais, como conta o conto... impresionante.

ANDREA dixo...

Esta escritora gustoume moito . Veu a contarnos contos de medo pero a in fíxome rir.

Cristina dixo...

Gustoume a visita de Paula Carballeira, as historias que contou eran moi boas e tamén graciosas; rinme tanto que me doía a cara.

Yessica dixo...

Pareeume unha contacontos estupenda.Gustoume moito a súa forma de contalos,o interes que lle poxo,ademais meteuse moito no papel.Paseino moi ben e rinme moito.

Martin Arosa Sineiro 2ºA dixo...

Gustoume moito Paula Carballeira porque narra os contos moi expresivamente e faite vivir o conto transmitindo as emocións de medo e ledicia.
Gracias a Gracia pola actividade!

Roberto dixo...

A visita da contacontos foi moi divertida e fixome rír, porque actuaba coma se fóra o personaxe do conto que nos relataba e interpretaba moi ben os sentimentos daquel personaxe.

Rocío dixo...

Gustau moito e pareceume divertida aínda que foran historias de medo pero eran graciosas.

Cristian dixo...

Esta actividade foi,con diferenza a mellor,ademais as historias que mais me gustan son as de medo como as que ela contaba.Ademais ponlle moita emoción polo que a historia recórdase mellor.Por min,se quere,pode volver.

ANDREA dixo...

Esta escritora gustoume moito. Veu a contarnos contos dem edo peo a a min fíxome rir.

pili dixo...

Gustáronme moito os contos que contou aínda que eran de medo pero facian rir e paseino moi ben.

angel dixo...

Gustoume porque os contos fixéronme rir moito.

ANDREA dixo...

Paula Carballeira gustoume moito ,veu a contar contos de medo pero a min fíxome rir.

Gabriel dixo...

Encantoume a sua visita ao centro, fíxome reir cos seus estranos contos de medo e saltar cos seus berros sen avisar, espero que veñan mais contacontos como ela.

Ivan ferro dixo...

Gustoume moitísimo porque foi ademais de diversion, interesante a pesar de que eran contos de medo.

Kalandraka Editora dixo...

Moitas grazas polo estupendo recibimento a Paula Carballeira na súa visita ao centro. E polo entusiasmo co que acolledes as propostas de Kalandraka.
Saúdos.

Ronsel dixo...

Moitas grazas a vós por coidarme tanto!!!

Noemí dixo...

Esta charla foi unha das que máis me gustou e as historias de medo que nos contou estiveron moi ben.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.