“La dieta es el sedante más potente de la historia de las mujeres”
Naomi Wolf.
Naomi Wolf explica como por culpa da presión por estar máis delgadas, moitas mulleres brillantes van pasar case toda a súa existencia amargadas, pelexando contra o seu propio corpo, o que lles restará forza para competir cos seus rivais masculinos. Vivirán submisas e domesticadas. É obvio que o efecto da presión por estar delgada é moito maior do que se adoita pensar.
Se botamos unha ollada ao noso arredor, nas monecas que o mercado ofrece ... cal é o modelo que a sociedade está empeñada en inculcar a nenos e nenas? Unha Barbie con medidas imposibles? As manequíns das tendas de moda? Os anuncios para moldear a figura? As revistas de adolescentes? Tacos de vertixe que torturan pés e lombo? Maquillaxes ficticias?... As nenas restan convencidas que de maiores tan só queren ser GUAPAS.
Debemos loitar contra unha sociedade que só se fixa na aparencia, princesas esqueléticas que se amosan como paradigma de beleza, modelos famélicas que acaban con trastornos físicos e psíquicos... aprendamos a celebrar a beleza en toda a súa diversidade e con todo respecto. Sexamos nós mesmas, porque só o interior é o que importa.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario