Unha das extraordinarias novidades coa que nos sorprende Barbara Fiore é este álbum de Gary Crew e Shaun Tan (o seu primeiro traballo!): El Visor é un libro absolutamente peculiar e diferente que vos enganchará. É tan especial que teredes que volver atrás unha e outra vez para repasar cada ilustración para non perder ningún detalle. O relato é case terrorífico e pode lembrarno ao mellor Lovecraft: unha caixa misteriosa e un neno que existe ou non...
Indiferentes non quedaredes.
Sen comentarios
Publicar un comentario