Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/06/12

Gatiño e o balón


Kalandraka ofrecénos este pequeno álbum de Joel Franz Rosell con ilustracións de Constance v. Kitzing. Un pequeno veciño deberá atopar o seu lugar na comunidade e aprender a facer amizades. E para iso non hai nada mellor que un achádego redondo: o balón será quen de deixar compartir xogos e topar aventuras en compañía.
Pensado para os máis pequenos, as ilustracións tan alegres arrancarán sorrisos de ledicia ao ir descubrindo os novos animaliños que a vecindade ofrece.


3 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro non me gustou moito porque me pareceu algo infantil.

martin dixo...

este libro non me gustou moito porque me parece demasiado infantil.

yoli dixo...

este libro esta moi ben, fala do compañeirismo ai que ser bos e devolver as cousas que estan perdidas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.