Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/06/12

Bandeira medra

Sinto unha querencia especial polo cole de Bandeira: alí acudín por vez primeira a lerlles contos aos máis pequechos (temos pendente unha segunda contada) e coñezo unhas grandes profesionais que se preocupan polo seu alumnado. Ademais, o director posúe esa cualidade tan escasa: só con miralo sábese que é de fiar. E ata se fían da miña opinión lectora! Por iso, cando onte vin este traballo marabilloso que veñen de colgar, chameinos para felicitalos e pedirlles permiso para traelo á nosa casa. Eles din que é un "lipdub", pero creo que erraron no nome, porque é o propio alumnado quen canta! Unha pasada!
Parabéns por este gran traballo!:




9 comentarios:

Anónimo dixo...

En nome de todo o colexio, moitísimas grazas pola túa opinión sobre o noso traballo, xa sabes que sempre a temos moi en conta.
Bicos. Mercedes.

Ronsel dixo...

E xa sabes que o voso traballo sempre é digno da miña admiración máis sincera. Un bicazo

Carme dixo...

Un desexo: volver ser cativa e estudar no Ceip de Bandeira. Mil felicidades a todo o alumnado e a todo o profesorado participante. Marabilloso!

Ronsel dixo...

Carme: vou contigo para as aulas!!! Aínda que teña que repetir!

ANDREA dixo...

Un vídeo moi bonito de final de curo participando moita xente e profesores

Noemí dixo...

Este video que fixeron os do colexio de bandeira estivo moi ben,gustoume moito é moi orixinal e esztá moi currado.

martin dixo...

este libro paréceme moi bo e esta moi traballado.

yoli dixo...

este video esta moi ben e o instituto e moi bonito e grande

Martin Arosa dixo...

Está moi ben e é orixinal que os propios alumnos canten.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.