Foi un pracer coñecer onte, por fin, a Manuel Gago, a quen sigo "relixiosamente" no seu blogue Capítulo 0. Pero máis pracer supuxo escoitalo a el e a Xurxo Ayán (que fluidez da palabra ten este home!) na presentación do seu libro Herdeiros pola forza: dúas horas que pasaron voando e que poderían converterse en máis pola disposición do público a escoitalos e a gozar co seu entusiasmo. Falaron da relación case despectiva que se establece entre o poder e a sociedade civil no que a patrimonio cultural de Galicia atinxe, de anécdotas vividas ou escoitadas, de castros, mámoas... e sobre todo da importancia de que sexamos nós todos os que loitemos por conservar e amar a nosa historia e a nosa memoria. Unha lección de vida, de bo humor e de disposición.
Grazas por virdes a esta vila e polo voso sorriso permanente!
Sen comentarios
Publicar un comentario