Hoxe estarei na homenaxe que se lle tributa a Agustín Fernández Paz na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa
Policarpo Sanz, 26) e logo no xantar organizado no Restaurante Carrís de
Vigo. Vou moi leda, por ser unha acompañante máis, porque el meréceo todo, esta homenaxe e moito máis, tanto a nivel persoal (como se porta comigo!) como social. Agustín é un exemplo a seguir, pola fidelidade á nosa lingua e pola súa xenerosidade como persoa. É desas rara avis que só con mirarlle á cara sabes que estás ante unha persoa da que te podes fiar. E iso, na sociedade actual, é moito dicir.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/06/12
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario