Á hora de comezar esta entrada, un nó na gorxa atenázame. Non sei o que vou escribir, aínda que si sei todo o que vou obviar porque o espazo é o que é. Esta é a miña despedida de Forcarei, volvo para o próximo curso á miña praza de Silleda. Estar en Forcarei estes dous cursos foi un luxo. Dous equipos directivos diferentes que confiaron en min plenamente para dinamizar a biblioteca, que me apoiaron constantemente en todas as actividades, que me sorriron... canto vale un sorriso para non sentirse só! Con compañeiras que levo no corazón para sempre...
A isto súmase unha circunstancia especial que me fai agradecerlle á vida a súa xenerosidade. Coñecer a Anxo en Silleda e traballar con el cóbado con cóbado aqueles tantos anos fixo que a nosa amizade superara calquera expectativa. Non crin que fósemos coincidir nunca máis. E aquí estamos, un curso máis. Non sei se é moi arriscado dicir que Anxo é o meu complemento perfecto: como explicar esta interacción laboral? Son moitos os recordos que nos unen, teño que admitir que ten a capacidade de comprenderme perfectamente e de facerme poñer os pés na terra cando chego coas miñas ideas. Realmente, a Consellería non debería permitir que se desfaga este tándem!
Para despedirme de Forcarei quería facer algo especial: un vídeo de Fomento da Lectura. Penseino hai moitos meses: mesmo elixira unha canción de fondo para facelo. Pero o decorrer dos días foi atrasando a iniciativa e un día chegou Anxo: "sei a canción ideal para o vídeo". E puxémonos a redactar. Claro que contar co oído de Anxo para escribir unha canción sobre un tema determinado é indispensable. Pretendía eu reflectir todo o que a lectura nos ofrece e quedaron palabras esparexidas nos folios empregados. Pero aquí está. E creo que o resultado é ben positivo!
O resto é froito do seu labor e da súa infinita paciencia. El pon esa voz de luxo que vai envexar Manu Chao. El manexa a cámara e fai a composición. Así despídese calquera! Estou emocionada co resultado: agardo que vos guste tanto como a min.
Como despedirme da dinamización da biblioteca? Por que un vídeo de fomento da lectura?
Fomentamos a
lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade
de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.
Cremos na lectura
como solución.
Cremos na lectura
como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
Cremos na lectura
como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do
horizonte sen fin.
Cremos na lectura
como CULTURA.
E sobre todo cremos
na lectura no noso idioma, na nosa lingua. Porque só defendendo ambas cousas,
LINGUA E CULTURA, o noso país terá futuro de seu.
Este vídeo é froito do meu amor polos libros, do meu amor pola biblioteca, da crenza básica de que as actividades son indispensables nos centros de ensino e de que, sobre todo no rural, o labor profesional docente ten que ir máis alá dunha simple clase de lingua ou de matemáticas. Tanto Anxo coma min cremos na nosa profesión e sentímonos orgullosos dela. Dámoslle moitas máis horas das nosas vidas das que ninguén pode supoñer. Pero somos conscientes de que o noso alumnado é o futuro. E o futuro está nas nosas mans.
LER NON
É CLANDESTINO
Entrar na biblioteca
momentos de pracer
só con coller un libro
para soñar e ler.
Vencidos por un dragón
doutra civilización
buscando asasinos
que mudan a súa pel.
Unha paixón constante
un romance sen final
do amor ser un cativo
antes de te conquistar.
Son un náufrago no mar
Pantasma ou Supermán
mil seres diferentes
todos no mesmo lugar.
Entrar na biblioteca
porque sempre quero ler
viaxar mundo distintos
en barco, nave, avión ou tren.
Bosques, ríos a salvar
de caza ou en alta mar
por selvas e desertos
todo iso agochado está.
Eu son libre: con un libro!
Ti es libre: con un libro!
El é libre: con un libro!
A lectura é ideal!
Entrar na biblioteca
quixera non pensar
a mellor das escollas
para se relaxar.
Unha vida e outras cen
sorrisos de papel
todo iso está nos libros
e logo ti por que non les?
Arríscate: colle un libro!
Aventúrate: colle un libro!
Anímate: colle un libro!
53 comentarios:
Qué morriña deses momentos teatreiros con vós!!! Oxalá houbese vídeos de cando ensaiabamos os Venres polas tardes.
Apertas a esgalla!!!
Adelcisa
Esas tardes si que daban para horas e horas de gravación! Un bicazo desde este lado do atlántico, Adelcisa!
É unha das miñas penas: non ter vídeos daquela época tan marabillosamente feliz. Agardámoste no continente!
ARTISTASOS!!!!!!!!
Noraboa polo resultado pero sobre todo pola vosa labor tan necesaria nestes tempos de tempestades..
Está genial!! Me ha encantado!
Excelente video porque é divertido e con mensexe o mesmo tempo. Animo
Que mal saben as despedidas!
Mil parabéns polo vídeo, xa corro a compartilo!
Fiquei co sorriso na cara e nom se vai! Parabéns para todo o persoal implicado! Obrigada Gracia e Anxo por continuardes aí, com tanta força.
¡Genial! Qué buen vídeo y qué maravillosa despedida y mejor saludo.
Enhorabuena ahora que empezáis una nueva carrera de músicos y cinematógrafos.
Y a ti, Gracia, qué disfrutes los mejores recuerdos de la etapa que ahora guardas y enfrentes la nueva abres con mis mejores deseos -para Anxo también.
Un abrazo muy fuerte.
Moitas grazas a tod@s polo apoio e polos comentarios.
Parabéns por tanto traballo. Apertas dende o Támesis
Fantástico vídeo na forma e no contido. Sorte na nova andaina. E xa sabes, aínda que "omnia mea mecum porto", sempre deixas unha parte (ó menos xente coma ti/vos) por onde pasas. Un saúdo desde o Val do Tea.
Parabéns polo vídeo, que di moito, sen dicir, de quen o fixo. Entrañable. Que os libros vos/nos sigan repartindo ilusión, ánimo e esperanza -con minúscula!-, aínda que a Consellería -con maiúscula- siga empeñada en sacárnolas.
Grazas a tod@. Rosa, que imos dicir? Non poderán connosco!
Hasta hoy no he podido ver vuestro fantástico vídeo. ¡FELICIDADES, FELICITATS!
Me ha gustado tanto que pronto emprenderá el viaje hacia tierras leridanas.
Esta semana, cómo mínimo, intentaré que mis pupilos de primero lo vean.
Feliz final, feliz comienzo,
deseo que la nueva aventura os sea propicia. (Espero haber entendido lo que he leído ;-) )
Querida Montse!!! No sé si lo habrás entendido todo, pero lo esencial es que sigamos unidos, ¿verdad?
La nueva aventura es la triste aventura de que yo debo marchar a mi lugar de origen: Silleda. Y que mi Anxo, mi mejor amigo y compañero, no me acompaña.
Un besazo, amiga.
Moi boa a canción. Parabéns!
Moi chulo o vídeo, parabéns para ti e mais para Anxo.
Parabéns... coma sempre... un faro a seguir... cheo de luz
Bicos.
XENIAL, XENIAL, XENIAL.
GUSTOUNOS MOITÍSIMO AOS DOUS.
JOSÉ E MERCEDES (os do teu cole favorito).
Moitas grazas, novamente, a todos e a todas, polas vosas palabras e agarimos.
Fantástico!!
E porque non imaxinamos unha vida sen libros difundirémolo alá por onde vaiamos.
Mil grazas por compartilo!
Suscribo todo o que dixeron nos comentarios anteriores. Só un desexo: non morrades nunca que vos necesitamos!. Noraboa polo resultado e o ben que o pasastes durante a gravación.
Desde a pequena parte que me toca, grazas a tod@s!
Mui bó vídeo, exemplo do saber facer duns profesionais.
Ogallá os meus fillos crucen os seus camiños no cole con xente así.
Vaia, o peor é que Anxo se poña modesto. A pequena parte é a miña e reclámoa!.
Grazas polas vosas palabras, a tod@s.
Gracias a vós por facer estos traballos tan fantásticos e compartilos con todos nós, demostrando que o Ensino Público Galego é de calidade ;)
Esta vez vinvos no feis antes que no blog!
Bicos
Gracias por haberme dejado "el recado" en Bibliofagia; me ha gustado mucho lo que habéis hecho. Mañana, con vuestro permiso, lo subo al blog.
¡Vaya despedida a lo grande! Tanto la idea como la canción y la edición son estupendas, enhorabuena!
Espero que seas feliz en tu nuevo destino y no abandones este blog, faro de muchos otros amantes de la lectura.
¡Feliz verano, feliz curso que viene y felices lecturas, siempre...!
Fantástico, parabéns!! Por que vos non estades presentes y non vos contades o voso traballo na xornadas de clubs de lectura?
Que despedida tan xenial! Mil parabéns para os dous! Desbordades entusiasmo, e iso é marabilloso. O entusiasmo non o poden recortar os políticos, senón alá ían...Teño que aprender a canción, enviala a bibliotecas... e aprendela para cantala. Gracia, un día voute sorprender, xa verás. Gustoume moitísimo ¡Que non decaia as bibliotecas nin o ensino público!
Este video é moi chulo.É divertidísimo.Encantoume.
Este video é moi bonito e gracioso.
O video foi divertido, estivo moi ben porque fixome rir e ademais foi unha gran sorpresa par min.
Está moi ben este video, está ben k sempre haxa un video de recordo do instituto e cos alumnos do instituto.
o video estivo moi ben como despedida, estivo moi ben, un video precioso.
Unha curta realmente boa para facer unha despedida emocionante.
Un video moi bonito para ser dunha despedida ,encantoume.
Gustoume o vídeo e polo que parece participou moita xente,e a cancion está bastante ben.
Encantame o vídeo, está xenial todos os alumnos esforzáronse moito e quedou moi ben.
Encántame este vídeo, sobre todo a participación dos alumnos e profesores, isto provoca ganas de ler.
Este vídeo é estupendo,nótase a calidade do Chano Piñeiro.A música é estupenda.Encantoume.JAJA..(Sodes xeniales).
Este video encantoume e xenial espero se fagan moito máis asi de xeniales.
A verdade e que o video lle quedou moi ben, está xenial e gustoume moito.
encantoume.
este video esta moi ben e botaremoste de menos gracia
En tu blog, se lee entre líneas lo magnífica docente y buena persona que eres -esto último ya lo sabía-. ¡Sigues con la misma vitalidad de siempre! ¡Eres arrolladora!
Parabéns!!!!!!!!!!!!!!!!!! Quedou precioso o video. FAsme ter morriña.
Grazas por este marabilloso vídeo: quen se pode negar a ler despois de ver isto?
Parabéns! Superástesvos
Encántame!
Eu quero estar con vós!
Encántame o vídeo: é xenial. Parabéns e apertas dende Loranca. Allá donde vayas, seguirás (seguro) derrochando entusiasmo y amor por los libros. Mucha suerte. Yo también preparo ya mi despedida. Hay que renovarse.
Publicar un comentario