Tiven o outro día este agasallo ben fermoso: Camiños sen nome é de Anna Castagnoli e está publicado por OQO. Un álbum, pura poesía, que nos convida a pasear polos pequenos detalles que nos rodean e que ás veces pasamos por alto, ben sexa por non fixarnos ben pola rapidez coa que camiñamos. As ilustracións, fermosísimas, axudan a asolagar de paz ao lector que procurará atento cada minúscula peza que as compoñen. E así, construiremos casas con cuartos ben amoblados que nos permitirán chegar a casas doutros mundos nos que habitamos sen sabelo.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
21/07/12
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
2 comentarios:
As pequenas cousas as veces adoitan ser moi intensas. Esta parece unha desas.
Tal cal
Publicar un comentario