Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/07/12

Sempre hai un lugar para a poesía (XCVIII)

Hoxe é sábado e toca poesía. Da man de Chus Pato, claro, e dende Rotterdam. Hoxe achegámonos á poesía de Márcio -André.

aqui do estômago desta baleia
a cidade é um cardume cintilante
e
a estátua de drummond tem as costas ao oceano –
[as estátuas são para os homens não para o mar]

cultivar um peixe por dentro
para um dia comê-lo

esperando uma mulher surgir da precisão da ossada

um dia somos felizes em nosso jardim cetáceo
e ela caminha suavemente ao meu lado
sonhando o domingo mais triste do mundo no subúrbio do lado de lá

um dia estamos na meia idade e bebemos porque não há opção

e o guindaste no cais estará esmagado como um inseto morto
diante das mil falhas na goela das águas

o mar está na foto dos homens não no sonho das estátuas

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Partillei con Márcio-André unha estadía en Monsanto e Coimbra e introduciume na sua poesía sonora (mesmo me fixo experimentar cabdo del). E hai uns meses estivo tamén cun novo espectáculo no Museo Granell. Acaban de publicar os seus Ensaio radioactivos en galego, que eu teño en portugués. É magnífico todo o que fai, e tamén é boa xente.
Apertas. @MiroVillar

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas, Miro, por facernos partícipes das túas experiencias. Eu non o coñecía, buscarei o libro que me indicas... en que editorial está?
Unha aperta ben grande

anxoboiro dixo...

Ola, non son Miro, pero informo que o libro está en Axouxere Editora.
Saúdos
Anxo

Ronsel dixo...

Grazas Anxo. Botábate de menos. Non coñecía a editorial!!!

Anónimo dixo...

Olla as cousas que me fixo facer ou aprender o Márcio-André, tan fóra de lugar para min. Apertas,
@MiroVillar

http://www.youtube.com/watch?v=FsvEGENYgZE

http://www.youtube.com/watch?v=Olft2sEX3yU&feature=relmfu

Ronsel dixo...

Moitas grazas, Miro. Tivo que ser toda unha experiencia!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.