Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/08/12

Buñuel en el laberinto de las tortugas

Interesante cómic que publica Astiberri de Fermín Solís, Buñuel en el laberinto de las tortugas é a historia do que puido ser a rodaxe do documental de Buñuel nas Hurdes: Las Hurdes: Tierra sin pan. Obra que comeza cun soño e cun capítulo da vida de Buñuel en París para nos situar no momento histórico e saber algo máis da biografía do xenial cineasta. Logo xa virá o máis importante do cómic, o que nos sitúa nesas terras áridas con xente que, inevitablemente, morre de fame. O autor consegue transmitir esta esterilidade do chan cos seus trazos (ás veces bruscos, outras espontáneos, outras expresivos) e coa simboloxía surrealista que utiliza. Revivir este lugar e este medio é estremecedor, e o cómic conségueo de xeito convincente.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.