Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/08/12

La fuente de las mujeres

Permitídeme que vos recomende un filme que veño de alugar e que me encantou. Trátase de La fuente de las mujeres dirixido por Radu Mihaileanu, boísimo para falar de igualdade e de fundamentalismos relixiosos: o Islam será un defensor da igualdade, o problema sempre son as interpretacións libres que os homes fan da súa lectura. Fermosísima película costumista onde unha mulleres deciden loitar polo que é xusto e que nos achega a unha cultura aínda moi afastada para nós. Moi interesante a reflexión que propón sobre o respecto, as relacións de parella, a masculinidade ben entendida e a especial relación das mulleres que manteñen entre si: destacar as secuencias onde as mulleres falan libremente de sexo, máis que na nosa sociedade occidental tan libre!


3 comentarios:

Anónimo dixo...

Tereino en conta, graciñas

dorfun dixo...

A semana pasada recomendaba tamén esa fantástica película e agora aproveito para recomendar tamén a arxentina Mia (http://www.maizproducciones.com.ar/peliculas/mia.htm) e a francesa As neves do Kilimanjaro (www.golem.es/lasnievesdelkilimanjaro/)

Ronsel dixo...

Que casualidade!: As neves do Kilimanjaro vina onte á noite e encantoume! De feito, pensei tamén en traela ao blogue!!! Moitas grazas polas recomendacións, buscarei a peli arxentina que me dis.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.