Por fin lin este clásico da novela negra, Ocho millones de maneras de morir é de Lawrence Block e está publicado por RBA. Un libro dos anos 80 que nos sitúa en Nova Iorque con oito millóns de historias, oito millóns de maneiras de sobrevivir e oito millóns de maneiras de morrer. Cada individuo que habita a cidade é diferente e distinto é o seu destino.
Considerada unha das mellores novelas negras da historia, gañou o premio Edgar hai máis de vinte anos. O detective, Matthew Scudder, conta en primeira persoa a súa relación amargada coa vida que vive, nun intento de deixar o alcor que non sempre ten bo resultado, un personaxe que repite constantemente as frases como espello da violencia e desolación dunha cidade perigosa. O protagonista é un personaxe crible, imperfecto, como somos tod@s. E iso é o bo dos detectives modernos.
Unha boa novela que leredes con gusto, maxinando o que o autor deliberadamente cala, por sensibilidade ou sinceridade, e que nos amosa as feridas abertas desta sociedade que só nós creamos.
Sen comentarios
Publicar un comentario