Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/08/12

Un mensaje en clave

Tamén da editorial A buen paso temos este curiosísimo álbum de Troshinsky, Un mensaje en clave. Álbum diferente porque está feito en ascii, un código de caracteres baseado no alfabeto latino, e trata precisamente diso, de alfabetos, mensaxes en clave, de espionaxe, e de amor. Nel teredes oito linguaxes diferentes para comunicarvos: código morse, lingua de signos, alfabeto braille, código marítimo de bandeiras, alfabeto telegráfico, semáforo de bandeiras, alfabeto fonético da OTAN e sistema binario. Con paciencia, poderedes vós tamén crear novas mensaxes.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.