Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/09/12

El gusto del cloro

Chamoume moito a atención este cómic de Bastien Vivès publicado por Diábolo, El gusto del cloro. Nun principio, pode parecer un cómic carente de interese, cunha historia moi sinxela dun rapaz que debe ir á piscina para mellorar a súa saúde e alí coñece unha moza... que lle gusta. Así sentirá a necesidade de volver a practicar ese deporte co único anceio de volver a vela e de falarlle. O álbum é sobre todo visual, posto que están moi ben caracterizados os setimentos e os rasgos dos personaxes. Hai un xogo, ademais, no que termos que buscar a solución: unha frase que a moza di debaixo da auga e que ninguén oe... e que o lector non le. Polo movemento dos beizos toparemos a solución. E logo hai que mencionar o final aberto por completo, que deixa o lector preguntándose mil cousas sobre o amor e as vivencias cotiás. E así permanecemos, cun cómic nas mans xa pechado onde o debuxo prima sobre a letra e sae vencedor.







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.