O meu alumnado de Bacharelato anda a ler a novela e, contaxiado do espírito aventureiro, fai que os compañeiros e compañeiras queiran lela canda eles, mesmo no tempo de lecer facendo deporte.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
12/10/12
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
3 comentarios:
Faille chegar aos teus alumnos a miña máis fonda aperta, polo seu fantástico sentido do humor. As
vosas fotos déixanme ver é que, cando menos, xa hai unha bo feixe de sorrisos á conta de "Os fillos do mar". Vós pechades o círculo. Grazas.
Grazas a ti pola túa xenerosidade. Saúdos
PAra o alumnado: o que escribiu o autor no FAce:
E de non terme desmaiado pola impresión de ver o meu pai vestido daquela guisa, aínda podería telo feito (a cousa esta de me desmaiar) por máis motivos. Porque de non terme desmaiado, podería ter escoitado o son do meu teléfono móbil...
A miña amiga Gracia Santorum chamábame desde Silleda, por ver se eu lle podía ofrecer algún tipo de explicación á estraña epidemia que chegara ao seu instituto: os rapaces xa non atendían a razóns. Nas aulas, as mozas deixaban de escoitar as explicacións dos mestres, os ciclistas deixaban de lle dar ao pedal, os escaladores quedaban a medio camiño dos máis altos cumes, e os pinponguistas non deixaban de perder unha bola de partido após outra, absortos como estaban todos na lectura dun mesmo libro. Como se dunha preocupante réplica dalgunha escena de "Os paxaros" de Hitchcock se tratase, os mozos e mozas de Silleda congregábanse nas escaleiras do instituto, e non prestaban atención a máis nada que non fose a lectura daquela intrigante novela... Que raio estaba a pasar en Silleda!? Ou (santo ceo) o que era peor: non se debería todo isto en realidade á liberación dalgún tipo de efluvio non controlado da Semana Verde? Mmm... Tanta vaca, tanto metano xunto... Tal vez fose este un caso para Iker Jiménez. Si, o bo de Iker... Teríao chamado..., de non ser porque agora eu estaba desmaiado, inconsciente, ridiculamente deitado no medio do chan.
Publicar un comentario