Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/12

O corazón de Xúpiter

Gustoume. Gustoume moito este libro polos temas, polo seu tratamento, pola non concesión aos finais felices (xa estou vendo ao meu alumnado protestar porque non ten final tipo Disney!), pola invitación á reflexión...
Falo d ' O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, publicado por Xerais. Un libro que nos leva da man a un percorrido pola adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, coas súas festas, cos seus amores. Unha novela que dende o primeiro capítulo nos engaiola para sabermos o resultado, mentres compartimos eses momentos vertixinosos que -eu penso no meu alumnado- na adolescencia se pode vivir. A homosexualidade, tratada con total naturalidade, o acoso -ai! sempre detrás unha explicación que ás veces tentamos esquecer-, a Internet, a fuxida ás estrelas, a incomprensión paterna... en calquera destas partes poden os mozos e mozas sentírense reflectid@s, e logo poderán cavilar sobre os seus propios movementos, a súa deixadez, o esquecemento de que non todo é doado. E a morte. A morte está aí, en varias ocasións, porque igual que o amor forma parte da vida, igual que aquel é quen de proporcionar estadíos de tristura suprema que hai que superar. 
É un libro necesario, unha lectura amena. Aposto por el. E xa vos contarei o que opinan eles e elas, alumnado de 4º de ESO, que comezou a súa lectura.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola! Son alumna de 3° de ESO e a miña profesora de gallego mandounos leer este libro, que na mina opinión non é malo, para min é completo por que contenido drama e amor. É un ha historia bonita e enseña os riscos de internet.
P.D.: Son da Coruña

Ronsel dixo...

Moitas grazas por deixarme aquí a túa opinión, agradézocho enormemente. E direillo á autora, quen de seguro sentirase aínda máis feliz ca min.
Saúdos

Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

Yo soy adulta, pero lo he leído ya que a mi hijo se lo mandaron leer en lingua galega, y me pareció muy buen contenido ya que da un mensaje de los riesgos de internet y es muy actual la temática con respecto a lo que sucede en los colegios.

Ronsel dixo...

Grazas por expresar a túa opinión sobre o libro

Anónimo dixo...

A la verdad no me gusto el final porque es muy cruel.Sin embargo el libro me gusto bastante

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.