Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/10/12

Non á violencia contra as mulleres (CCLXXVI)

 Hoxe, na nosa sección habitual dos domingos, tan só imos traer unha frase até aquí: unha frase que deixou a toda sociedade (a sociedade consciente, cando menos) indignada, e que veu da boca de todo un señor político. Fastidia aínda máis que sexa galego: Manuel Castelao Bragaño.


Verdadeira apoloxía da violencia machista, podemos asegurar que este señor é un bárbaro -quizais Mario Conde, que se definiu a si mesmo como bárbaro por ser galego atópame certeira-. Vén de demitir, seica. Axiña lle buscarán outro traballiño tan ben ou mellor remunerado. Sen dúbida ningunha.


1 comentario:

Anónimo dixo...

É unha vergoña que esta xente teña cargos públicos un tras outro

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.