Escribiume Agustín Fernández Paz, un "correo telegráfico", para me avisar de que vén de se inaugurar a súa páxina web, e ata un blogue!. Unha nova moi leda porque alí verquerá as súas reflexións lectoras:
"este blog pretende algo moito máis simple, anunciado no seu título: Un lector.
Nel escribirei sobre o único que me apetece contar: os libros que lin,
os cómics cos que tanto gocei, as películas que me fascinaron ou as
cancións da miña memoria sentimental. En resumo: as historias que me
axudaron a vivir.
Mais, como se verá nas seguintes entradas, non pretendo facer unha
achega rigorosa a eses materiais, non haberá aquí análises nin críticas
que tenten desvelar a súa riqueza. Os meus textos van ser moito máis
lixeiros.
O que quero contar son os momentos da miña vida en que cheguei a ese libro, a esa película, a ese tebeo…
e as lembranzas que conservo deles. E facelo con subxectividade e
sinxeleza. Deixándome levar polas reviravoltas da memoria, sen outra
orde cronolóxica que a ditada polo azar. Un lector, sen máis".
Un blogue que pasa a estar nos meus "chichís" inmediatamente e que lerei con atención, xa que -estou certa- vou aprender moito, moito.
Grazas Agustín, unha vez máis, pola túa xenerosidade.
1 comentario:
Benvido Agustín! fan falta moitas persoas coma ti neste bosque galego tan a monte.
Publicar un comentario