Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/11/12

El juego lúgubre

Veño de descubrir este cómic do ano 2007 Paco Roca: El juego lúgubre está publicado pola editorial Dolmen. Unha estraña narración surrealista que nos achega ao xeito surrealisto da vida de Dalí, cheo de rarezas e particularidades que non eran comprendidas nin de lonxe pola España da época en que viviu. O debuxo de Paco Roca paréceme xenial, é unha historia ben escollida para o soporte visual que nos ofrece, xogando cos soños e as realidades, as sombras e as luces. En realidade, este libro agasállanos unha historia totalmente inquietante que resulta ser unha das primeiras obras do autor con guión propio. Claro que con esta lectura non pretendades saber máis sobre Salvador Dalí, porque permanece a dúbida: son os sucesos acaídos neste texto reais?



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.