Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/11/12

Peter Newell

Grazas a Mª Jesús Fernández, con quen aprendo cada día. Ela colgou isto no seu Facebook, e róubollo, literalemnte:

 Peter Newell, ilustrador e historietista norteamericano, é un dos pioneiros do álbum ilustrado. Estas imaxes pertencen á serie "The Naps of Polly Sleepyhead", que foi publicada no New York Herald semanalmente entre os anos 1905 e 1906 e que presenta un mundo onírico precursor de Little Nemo. En España hai publicados tres libros deste autor ("El libro inclinado", "El libro del cohete" e "El libro del agujero") na editorial Thule

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.