Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/11/12

Over my dead body

"Over my dead body" ("Sobre o meu cadáver") é o título do cadro da artista Mona Hatoum. Esta aparece representada de perfil mirando, con altivez, un soldado de xoguete  que se atopa sobre o seu nariz, tan molesto como se dunha mosca se tratase.
A mensaxe é clara e contundente;  a guerra e a opresión  son realidades cuxa importancia non debe reducirse.  Por desgraza, no mundo no que vivimos, os conflitos existen en numerosas partes do mundo e atínxennos a todos e a todas.

Mona Hatoum naceu en Beirut no seo dunha familia palestina. É unha das artistas máis recoñecidas no panorama artístico contemporáneo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.