Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/12/12

Amanda Todd

Amanda, de 15 anos, publicou un vídeo en Youtube no que pedía axuda denunciando ser vítima de bullying nas redes sociais e logo no seu centro educativo. Acosada por un pedófilo e linchada socialmente. Logo, suicidouse.
Unha historia terrible e cruel que ultimmente nos lembraron un par de veces no noso instituto: primeiro foi a policía e logo foi Ledicia Costas.
Non esquezamos que a rede é o reino dos covardes: teñamos coidado co que publicamos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.