Encantoume esta nova proposta de Kalandraka que me fai xogar ao mesmo tempo que ler e entretenme ben tempo descubrindo o que con algo tan "elemental" coma un libro se pode facer grazas a esta técnica cinematográfica chamada "ombro-cinéma", tan antiga como que se desenvolveu en Francia no século XIX. Esta técnica consiste en superpoñer unha lámina de acetato con raias verticais sobre a páixina, co cal se crea unha sorprendente ilusión ópica de movemento. E abofé que o consegue! Michaël Leblond e Frédérique Bertran, realizan neste Nueva York en pijamarama un traballo de calidade coas ilustracións e cor e un texto tan atractivo como viaxar até Nova Iorque.
A la hora de acostarse… empezamos a soñar. ¿Me acompañáis?
-Pero, ¿dónde estoy?
-Parece… ¡Nueva York!
Que aínda non sabedes que regalar? Pois esta só é unha das moitas propostas que aquí atoparedes. Imposible non acertar.
2 comentarios:
Non coñezo este libro pero meu fillo (Mateo) díxome que esta moi ben así que habra que buscalo para velo na casa
Está claro que tes un fillo con moito criterio!
Publicar un comentario