Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/02/13

Con Manuel Portas


Este mércores 20 tivemos a visita do autor do libro Un dedo manchado de tinta lido polo alumnado de 1º de Bacharelato, Manuel Portas. Portas falounos do proceso de escritura deste libro, do porqué da súa escolla, explicou algunhas dúbidas que o alumnado lle presentou e, sobre todo, contou a ledicia que provoca o acto de ler e de escribir. Porque a literatura é sobre todo un acto de ensoñación. Animou a escribir e a non agocharse, a gozar coas artes e explicou como a mestura destas é o camiño que seguimos. De aí a presenza con el de Clara Pino, quen nos deleitou con dous temas e que deixou ao alumnado impresionado. Foi o momento máis emotivo do encontro!
Se algo ten de bo a visita dos escritores e escritoras ao centro, é que a visión da lectura cambia. Neste caso algúns comentaban que o libro, agora, gustáballes máis.
Moitas grazas a ambos por virdes.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.