Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/02/13

Hilos de colores



Elena Ferrándiz, publica en Legua Editorial Hilos de colores, unha historia que chega directa ao corazón e que provoca unha intesa emoción polo que nela se trata: o Alzheimer. E este está fiado con tal delicadeza e amor que medra en nós a sensación de estar ante unha fermosa obra mestra da metáfora. É comparada esta terrible enfermidade coa perda dos fíos de cores que compón o traxe da avoa, é dicir, os momentos máis importantes da súa vida. Ademais, a mensaxe que transmite o texto é de ánimo e de esperanza: quen coida aos enfermos debe sentirse orgulloso do seu labor por prestar lembranzas a quen xa non as ten.
Se o texto é absolutamente delicioso, as ilustracións non o son menos. Con elas recollemos nós eses fíos e quereremos ganduxalos, coselos, telos connosco para que xamais se perdan.



"Érase una vez una niña que aprendió a tejer desde pequeña un vestido.
En ese traje empezaron a mezclarse todos los colores
del mundo de su memoria..."

1 comentario:

Anónimo dixo...

Cousa tan linda!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.