Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/02/13

Imos cazar un oso

Unha boa nova que nos aleda este antroido é a chegada á casa deste fermoso álbum na nosa lingua, grazas -como non- á editorial Kalandraka. Obra do poeta Michael Rosen e a ilustradora Helen Oxenbury, Imos cazar un oso é unha aventura familiar de xogos, ruídos, sustos e risos, que está baseada nunha antiga canción de campamento inglesa. Ideal para contar en alto polo uso das onomatopeas (levareino ao cole de Bandeira a próxima semana?)
As ilustracións alternan escenas en cor e en branco e negro, a lapis e a acuarela, convertendo a lectura en complicidade desa aventura que inicia o pai cos seus catro fillos (u-la nai? Que curioso!). O paseo de ida paseniño estoupa co de regreso a toda velocidade para atopar o acubillo seguro na gran cama da casa familiar. 
A ilustración do oso final é dunha tenrura absoluta (credes que en verdade quería comer a alguén?)







Esta é a canción inglesa na que se basea o conto.



E aquí podedes escoitar o conto en castelán.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.