Dicir Leo Lionni é dicir acerto, ao tratarse dun dos grandes referentes da literatura infantil ilustrada. E así volve Kalandraka a traernos un precioso álbum da súa autoría: O soño de Matías. Se nun dos meus álbums preferidos, Frederick, falábanos do poder máxico das palabras e da poesía, agora achéganos ao mundo da arte, de como esta nos fai libres e como é quen de cambiar a realidade. De aquí chegaremos ao amor pola creatividade e como esta é capaz de nos tirar das nosas vidas grises. Que sería de nós sen a Arte, sen a súa cor, sen a súa forma, sen a súa beleza?
Así que Linni decide facer asemade neste álbum toda unha homenaxe á sensibilidade dos artistas. Un bo logro que serve para achegar a arte aos máis pequenos, xa que eles aínda gozan de algo que matamos cada día nas aulas: o poder da exploración e do abraio.
Claro que Matías descobre a cor e a beleza... xunto co amor. E iso tamén é importante, non si?

2 comentarios:
Ata o título é bonito
Pois non deixes de follear o libro!
Publicar un comentario