Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/02/13

Niños

Niños de paxaros. Niños curiosos. Niños diversos. Niños estrafalarios. O mundo dos paxaros e dos seus Niños é o tema deste álbum infantil que vén de publicar Kalandraka, con texto de Pepe Márquez e ilustracións de Natalia Colombo. Porque cada especie é diferente aínda que todos saiban voar, coma nós somos asemade ben distintos aínda sendo humanos, este libro infantil destaca polas súas cores rechamantes, mesmo nos fondos das páxinas. Unha homenaxe ao mundo das aves e á curiosidade que espertan, mesmo a envexa que por elas por non podermos voar (sós).

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.