Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/02/13

Non á violencia contra as mulleres (CCXCVI)

"Queremos que ninguna víctima de violencia sexual se encuentre sola y sin saber a quién acudir. Queremos que ninguna víctima de violación tenga que enfrentarse a mitos e ideas erróneas que le quitan importancia a su sufrimiento o la culpabilizan de lo ocurrido. Queremos que todas las agresiones se denuncien, para impedir que los agresores sigan reincidiendo".



 'Me han violado' sae á rede para informar dunha maneira sinxela e pedagóxica sobre todos os aspectos relacionados coas violacións sexuais.

"Al buscar información sobre las agresiones sexuales en Internet, nos encontramos con que había un enorme número de mitos, estereotipos y falsa información circulando, hasta el punto de hacer muy difícil que las víctimas pudieran obtener la ayuda que necesitaban. Por eso hemos creado esta web", din na súa presentación.

Por iso pretenden difundir información de calidade sobre as agresións sexuais e como actuar ante elas, en función das diversas circunstancias que puideran darse.

En España, unhas 6.500 mulleres e un número descoñecido de homes son vítimas de violencia sexual cada ano. A gran maioría das violacións queda sen denunciar, e os violadores, impunes.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.