Despois de varios intentos, por fin conseguín que alguén me prestase este cómic de Cyril Pedrosa publicado por Norma, é que Portugal viña moi recomendado por diferentes persoas e moitos premios. Mesmo houbo quen me botou en cara a miña lentitude!!!
Portugal é un cómic en gran formato que nos presenta unha fermosa viaxe visual a través de cores cheas de calidez. E teño que dicir que me gustou, aínda que ás veces paréceme lento demais. As ilustracións son magníficas e chamoume a atención o tratamento da cor, porque está cheo de matices dentro dunha suavidade incrible. Pero tamén me chama a atención que a viaxe a Portugal non comece ata a terceira parte, facendo os prolegómenos demasiado longos. Aínda así, é un cómic que se degusta con pracer, eu creo que sobre todo porque entra polos ollos. Xa digo, creo que lle sobra lentitude nalgunhas páxinas, pero en conxunto a obra está ben. Sen poder afirmar, iso si, que é unha pasada.
A destacar o recoñecemento que procura nas súas raíces para saír do baleiro existencial no que se atopa. E que sexa precisamente grazas á bondade da xente que poida topar a inspiración novamente: a maxia do cotián triunfa.

2 comentarios:
A min visualmente paréceme unha gran bd, pero narrativamente desilusionoume moito; e iso que co título ía predisposta a que me gustase. Incluso o portugués non está ben escrito.
Sabía que non vos gusta, Marta. A min non me encantou tampouco, pero non está tan mal...
Publicar un comentario