Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/13

El ovillo blanco

Tamén da editorial Lumen, maxino que descatalogado coma case todos eles, El ovillo blanco é un álbum de Adela Turín e Ara Cesari. Un novo álbum desta muller que ten loitado incansable pola igualdade dende os álbums ilustrados. Chama a atención o necesarios que seguen a ser tantos anos despois da súa escrita. Neste álbum son as mulleres as protagonistas, unhas mozas listas que non precisan dun príncipe fermoso que as salve... e iso que teñen a oportunidade! Porque a única condición para vivir tan ben é a invisibilidade, e esta non a opción que escollen as protagonistas deste libro. 
Unha vez máis, que sorte contar con este tipo de libros!


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.